LOGO BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO

BLANCA REPRESAS ALONSO

Nace en Ponteareas no ano 1986. Comeza os seus estudos musicais aos 8 anos na escola de música da banda de música Xuvenil de Xinzo da man de Miguel Ángel Castro Carrera. Posteriormente, e xa de forma oficial, estuda no conservatorio municipal “Reveriano Soutullo” de Ponteareas onde no ano 2007 obtén o grao medio de saxofón co profesor Juan Manuel Martínez Folgar. Finalmente, no conservatorio superior de música de Vigo estuda con Rafael Yebra.
Durante estes anos asistiu a varios cursos de perfeccionamento con saxofonistas destacados como Antonio Felipe Belijar, Rodrigo Pérez Vila, Fernando Ramos, Mariano García Jiménez, Alejandro Juárez Sánchez, Federico Coca García, David Alonso, Jean Pennings, Pablo Coello, Marie Bernadette Charrier ou Joël Versavaud.
No curso 2011/2012 cursou estudos de saxofón na ESMAE (Escola Superior de Música e Artes Escénicas de Porto, Portugal) como alumna Erasmus do mestre Fernando Ramos.
Forma parte da Banda Sinfónica de Vigo, da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas Populares, do grupo de cámara Adagio, do dúo “Saxmallet” e do cuarteto “Aula 36”, co cal fixo unha xira de concertos  de música contemporánea no ano 2009 polas principais cidades da xeografía galega e na que tamén deron a coñecer  obras de autores galegos dos nosos tempos para este tipo de formacións. Actualmente tamén  forma parte do proxecto “Ensemble de saxofóns de Galicia”, que se deu a coñecer en Abril do 2012.
Colaborou  en varias ocasións con agrupacións como a orquesta clásica Divertimento, a orquesta Clásica de Vigo, a banda municipal de A Coruña e a banda municipal de Ourense.
Como solista acadou:
- 3º premio  no ano 2004 na categoría de grao medio na final autonómica  do “3º Certamen Nacional de Interpretación Intercentros” do Ministerio de Educación.
 -2º premio  no ano 2009 no VIII Certame de Xoves Intérpretes Solistas “José Valcárcel”.
É diplomada en Educación Musical pola Universidade  de Vigo (promoción do 2007) e dende o 2012 é titulada superior de saxofón polo conservatorio superior de música de Vigo coas máximas cualificacións.
Traballou para o corpo de Mestres da Xunta de Galicia, para o colexio de Paredes de Coura (Portugal) e nas escolas de música de Salvaterra de Miño, O Rosal , Salceda de Caselas, Guláns e Xinzo.

 

 

 

iconaXinzo-Ponteareas | Contacta con nos | ©2014 Banda de Música Xuvenil de Xinzo